miércoles, 20 de julio de 2016

Nova poboación de Sympetrum meridionale

¡¡¡ Esmelle non podía ser menos ca parroquia veciña !!!
Se o ano pasado identificamos coa axuda de Anxos Romeo e Martiño Cabana unha nova poboación, das poucas citadas en Galicia, en Doniños,
http://siemprevuelvoaesmelle.blogspot.com.es/2015/09/sympetrum-meridionale.html
e
http://siemprevuelvoaesmelle.blogspot.com.es/2015/09/sympetrum-meridionale-ii.html

o pasado día doce, 4,5 Km ao N, eran dous os exemplares inmaduros que estaban entre o bosquete de Salix atrocinerea inundable e as dunas.

 Macho e femia. As citas xa foron validadas. Graciñas de novo Anxos.
http://biodiversidade.eu/avistamento/f1eh9qcnolir/
http://biodiversidade.eu/avistamento/rrt5v0nakkja/

As fotos foron complicadas pois non puiden achegarme pola vexetación e tiven que tirar moito de zoom.
Así todo, vense bastante ben os caracteres identificativos como o torax, a cor maioritariamente amarela das patas, o negro da "fronte" tapado parcialmente polo vertex e botándolle imaxinación (bastante) a forma da xenitalia secundaria do macho.

O macho



 A femia

 Agardo velos cedo xa adultos e atopar onde ovopositan.

Unha razón máis para protexer mellor esta zona tan machacada, a pesares de albergar dúas especies vulnerables con plan de protección da Xunta, como a Escribenta das canaveiras  (Emberiza schoeniclus sub. lusitanicus) e a Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Tamén, poboacións interesantes doutras dous libeliñas, Aeshna affinis e Brachytron pratense.

Un saúdo