lunes, 25 de abril de 2016

Benvidas Donceliñas

Hoxe, despois  de levar o disgusto de atopar desfeito por algún IMBÉCIL un niño de Píllara en Esmelle, balizado, con xaulón, cartel da Xunta e todo, tiven que ir a dar un paseo polo lago de Doniños para acougar un pouco e botar fóra as malas ideas (ou non tan malas) que tiña para facerlle ao element@ autor da desfeita.

 Axiña as vín voando. Aínda son poucas. Nuns días serán centos, quizáis miles, que lle darán a esta pista, que percorre o lago pola beira sur, un encanto especial.
Donceliña vermella, (Pyrrhosoma nymphula) femia. Semella que é da forma typica, pero aínda inmadura. Se é así, as bandas amarelas do torax tornarán vermellas. Dentro das formas das femias destas especies hai moita variabilidade.








Donceliña de copa, (Enallagma cyathigerum) femia de forma azul.























Donceliña de copa, (Enallagma cyathigerum), macho





























Desta última especie vín unha cópula e un voo en tandem.
Tamén voaban outras Donceliñas, (Ischnura sp.), que non puiden identificar nin afotar.
Un saúdo

jueves, 21 de abril de 2016

Sorpresa na duna

Pateando area na procura de niños de Píllara (xa os contarei), hoxe atopei a esta amiga nas dunas, mesmo no límite coa praia.
 Estaba falando por teléfono con Xan. Colguei e a afotei como puiden, fuxía moi rápido e empezou a chover e granizar.
 Calculeille uns 70 cm. Logo lín que ise sería o límite nas femias máis grandes. Dende logo, moito menos non era. A miña bota é un 44...

Se Xabi Prieto ou Martiño Cabana non dín o contrario, penso que é unha Cobra lagarteira común, Coronella austriaca, Culebra lisa europea; polos detalles que comento na foto. Vinlle o ventre e era liso, oscuro, o que tamén encaixa.
A posible confusión é coa Cobra lagarteira meridional, Coronella girondica, Culebra lisa meridional, que tamén está pola zona.
Como os meus coñecementos de herpetos son moi xustiños tiven que consultar...
Primeiro o blogue do meu herpetólogo de cabeceira, Xabi Prieto
Tamén este Pdf que recomendo e a páxina de Asturnatura onde podedes ver moita información sobre a especie.
Non hai moito asistín a unha conversa entre Xabi e Martiño onde dicían que pode haber variacións nos rasgos identificativos.
Por último dicir que non é perigosa, o pouco veleno que ten non o pode inocular. Aliméntase sobre todo de pequenas lagartixas e eslizóns. 
Se vedes unha, por favor, non lle fagades mal ningún.
Saúdos

.

miércoles, 20 de abril de 2016

Vai ao dentista...

Cho digo eu, que despois dun mes sufrindo de moito carallo sacáronme onte a moa...
Non semellaba que ti tomaras Nolotil "a granel".
Hoxe estábasme agardando, voabas polas dunas con normalidade. De primeiras pensei que levabas algunha presa no peteiro.
 Non quise achegarme moito, tirei de zoom dixital, pero perdoa que che levantara unha vez.
Teño visto esas deformacións en gaivotas e Grallas grandes (Corvus frugilegus), nunca nun paxaro pequeno. 
Como imaxino que non che quedarás pola zona...¡Boa viaxe e sorte amiga! 



  Pedreiro Cincento (Oenanthe oenanthe), Collaba gris, femia.
Un saúdo




sábado, 9 de abril de 2016

Píllaras en Ferrolterra

 Levábamos máis dun mes facendo o seguimento. Onte Victor, axente da Xunta, avisou que unha parella empezara a poñer. Aínda só dous ovos. Como o ano pasado, en mal sitio. As mareas tan fortes destes días chegaron a escasamente un metro do niño.
Pola tarde o seus compañeiros Anxo e Miguel foron montar o xaulón e balizalo.


 Agora mesmo temos nesta praia tres parellas e dous ou tres machos "a velas vir"
Unha delas é a campiona que o ano pasado logrou que voaran tres polos. ¿Lembrades a femia?

 Tamén seguen por alí os dous anelados por María Vidal e Suso Domínguez.



























Anque aínda é cedo, semella que só hai parellas aquí e en Frouxeira. O grupo de traballo que montamos percorrimos as outras con resultados de momento negativos (Cedeira, Vilarrube, Pantín, Ponzos, Santa Comba e Doniños).
Sorte amigas, a ver se os cidadáns non vos amolan moito...
Saúdos