jueves, 21 de abril de 2016

Sorpresa na duna

Pateando area na procura de niños de Píllara (xa os contarei), hoxe atopei a esta amiga nas dunas, mesmo no límite coa praia.
 Estaba falando por teléfono con Xan. Colguei e a afotei como puiden, fuxía moi rápido e empezou a chover e granizar.
 Calculeille uns 70 cm. Logo lín que ise sería o límite nas femias máis grandes. Dende logo, moito menos non era. A miña bota é un 44...

Se Xabi Prieto ou Martiño Cabana non dín o contrario, penso que é unha Cobra lagarteira común, Coronella austriaca, Culebra lisa europea; polos detalles que comento na foto. Vinlle o ventre e era liso, oscuro, o que tamén encaixa.
A posible confusión é coa Cobra lagarteira meridional, Coronella girondica, Culebra lisa meridional, que tamén está pola zona.
Como os meus coñecementos de herpetos son moi xustiños tiven que consultar...
Primeiro o blogue do meu herpetólogo de cabeceira, Xabi Prieto
Tamén este Pdf que recomendo e a páxina de Asturnatura onde podedes ver moita información sobre a especie.
Non hai moito asistín a unha conversa entre Xabi e Martiño onde dicían que pode haber variacións nos rasgos identificativos.
Por último dicir que non é perigosa, o pouco veleno que ten non o pode inocular. Aliméntase sobre todo de pequenas lagartixas e eslizóns. 
Se vedes unha, por favor, non lle fagades mal ningún.
Saúdos

.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Fermoso exemplar Paco. Estiven a repasar o Atlas pero xa está cita na cuadrícula. Co escasos que andamos en citas de ofidios pois dá rabia que aparezan sempre en localidades repetidas, caramba.
Como ben dis é unha cobra absolutamente inofensiva pero que che ten bastante xenio, variábel dun exemplar a outro, e traba con ganas, aínda que a trabada non doe apenas (seino por experiencia propia)
Por certo, ¿cómo carallo atinaches con aquel post de Ourense no que xusto viña a foto das escamas?

Paco dijo...

Aiii Xabi!
¡a Policía non che é tonta!, as túas entradas están "fichadas", só hai que saber que existen e poñer "Coronella" no buscador do blogue.

Xa sei que traba, pero non quixen decilo, que logo hai quen o toma en serio.

Pero o que ti non sabes é que pódese domesticar, e non falo por falar. Aló, polo 79/80, tíñamos no local da SGHN unha que cando chegábamos a sacábamos do bote e a tíñamos na mán todo o tempo, pasándoa de un a outro. Por certo, un día desapareceu e non a atopamos. Pregúntalle a Xan. Era máis gris que esta. ¡Tempos!
E che podo contar tamén cando un "personaje de cojones" soltou unha Víbora duns 50 cm.no local por facer a gracia...e esa sí que atacaba carallo (diso non se enterou Xan).
E xa postos a falar, penso que foi o Martes, vín o que só pode ser unha N. natrix en Doniños de máis dun metro e un grosor que non recordo tan grande.¡Enorme! Dunha cor pardo crariño e bastante axil.Estaba na pista do mesmo lago, onde os Loureiros.
Tes que meterme un pouquiño no mundo herpetos, que me gustan.
apertas
Paco