viernes, 6 de mayo de 2016

Gaiteiriño dríade (Lestes dryas)

Estes días empezan a verse. Aínda son inmaduros. O macho cedo acadará unha pruinosidade azul ao principio e ao final do abdome. Os ollos serán dun azul brilante precioso. A femia seguirá máis discretiña.
Esta especie adoita reproducirse en charcas estacionais que secan no verán, como é o caso das do Salgueiral de Esmelle.


A femia, 04-05-16



O macho, 03-05-16











Un saúdo

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Moi guapo Paco.
Unha aperta ornito-odonatolóxica.
Damián

Paco dijo...

Graciñas Cosme,
e noraboa por ise listado de nomes galegos para as libeliñas...
pertas
Paco