Esta Libeliña é propia das augas estancadas da maior parte de Europa.
O séu nome ciéntifico fai alusión ás motas alares negras que ten nos nodos das ás.
Neste caso afotei dous femias, unha en Esmelle (primeira foto, 04-05-16), e a outra en Doniños, hoxe.
Agardo ver algún macho.
Un saúdo
2 comentarios:
Precioso bicho e estupendas fotos Paco. Vaia nitidez, la virgen!!
Eu sigo sen ver case nin a primeira. Certo é que ando sobre todo nas primeiras horas da mañá (ceo cuberto o 90% dos días) pero que agora pola tarde fun cun tempo bastante soleado ao Belelle e rego do Basteiro, en Neda, e nada. Apenas unha calopteryx. E pola mañá tres Ischnuras e unha grande que non cheguei a identificar en Forcadas. Pero do resto, parece que me escapan este ano....
Graciñas Xabi,
pois están feitas co zoom dixital. A SX50 pórtase ben. O problema é coas libeliñas pequenas que non as enfoca en automático e en modo manual é un coñazo.
Van aparecendo. Hoxe estiven pola desembocadura do Magno e pillei unha Brachytron femia, varias Ischnuras sp. (a nai que as pareu), e bastantes Pyrrhosoma nymphula. Só un lestes que penso era Dryas. Cero Calopterix. Agardaba máis especies e máis exemplares.
Xa che escribirei porque falei con Martiño para non machacar sempre os mesmos sitios e procurar prospectar outras zonas da bisbarra interesantes e tentar sacar algunha especie sen citas.
Apertas
Paco
Publicar un comentario