O pasado Martes día 7, achegáronse María Vidal e Jesús Domínguez dende Santiago para o anelamento científico dos poliños nacidos nos dous niños da praia de Esmelle.
Desgraciadamente,esta praia é este ano a única en Ferrolterra, e a máis norteña, na que se reproduce esta especie vulnerable, despois de que o único niño de A Frouxeira fora destruido, moi probablemente por un can. Agardemos que repoñan.
É moi triste ver esta praia, con catro figuras de protección,na que non eran raros
oito niños, baleira de Píllaras noviñas.
Unha vez máis apelo ao civismo e a non ceibar as mascotas nos espacios naturais.
Tamén estiveron presentes os axentes da Xunta, Víctor Prieto e Anxo Bello, que este ano están a facer un seguimento e control intensivo impecable.
Axudamos no balizamento, localización e captura, que non foi doada, Miguel Cal, Rafael L. Loureiro e máis eu.
Marcáronse, tomáronse dados biométricos e liberáronse con éxito catro poliños de aproximadamente 20 días de idade.
A mala nova é a case confirmación da baixa de dous exemplares, un por niño, que hai moitos días ninguén ve.
María descubriu un novo niño recente con tres ovos que, por desgracia, está en moi mal sitio, en zona de paso e toalla.
Foi sinalizado e protexido pero vai ter que soportar datas de afluencia masiva de xente. A ver se hai sorte...
Preséntovos aos protagonistas
Coma sempre pido que se alguén ve estes polos mande a información ao meu correo pacocanido@yahoo.es, e farei chegar a observación aos aneladores.
Dos polos marcados o ano pasado xa se están a obter dados interesantes.
E como moitas veces criticamos aos empleados públicos, e con razón, penso que tamén é "de lei" felicitalos e recoñecerles cando fan as cousas ben ou van máis aló das obrigas do traballo. Neste caso, Anxo Bello, "perdeu" un día das súas vacacións, que está disfrutando, para axudar.
Graciñas Anxo.
Un saúdo
2 comentarios:
Bo traballo! A ver se hai sorte...
Apertas,
Damián
Graciñas Damián,
cos poliños teño esperanzas pero o novo niño está en moi mal sitio, moi malo...
Apertas
Paco
Publicar un comentario