jueves, 21 de julio de 2016

O primeiro xuvenil

Xa van chegando. Onte á tarde non había moita xente na praia e estivo un grupiño un rato tranquilo.
Entre elas a primeira nacida e anelada de este ano que vexo.
Larus michahellis michahellis, laranxa, código azul, 7K0, do proxecto  Murciano de Gonzalo González Barberá. A ver se o anelador cóntanos o historial. A cor do código díxomo Antonio Gutiérrez porque eu veíalo negro.

Os polos da subespecie mediterránea son máis grandes e precoces cas nosas L. m. lusitanicus, que aínda moitas non deixaron o niño.

Por máis que mirei non vín ao poliño de Píllara, pero por alí tiña que andar agochado porque o pai non paraba de chamalo.


No río, xa nas dunas, dúas femias de Candil curvado, (Onychogomphus uncatus). É a primeira vez que as vexo neste tramo do río. Un pouquiño máis arriba sí son doados de ver.


Tamén outra femia de Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii).

E unha familia de Carriza dos xuncos (Cisticola juncidis)

Un saúdo

No hay comentarios: