Hoxe vín a primeira Aeshna affinis da tempada en Esmelle. Un pouquiño regato arriba da poboación que hai no río no seu tramo final, xa nas dunas. É un macho.
Despois, na beira do lago de Doniños, entre outras, este macho de Emperador grande (Anax imperator)
este outro de Donceliña de ollos vermellos (Erythromma viridulum)
e esta femia de Donceliña elegante (Ischnura elegans)
No hay comentarios:
Publicar un comentario