viernes, 20 de mayo de 2016

Unha francesa en Ponzos

A miña intención ao visitar a praia era atopar unha parella de Píllara que desapareceu de Esmelle despois de perder a súa primeira posta. Non era probable pero por intentalo que non quedara.

Non atopei Píllara ningunha, pero sí esta francesa, integrada nun bandiño dunhas 50, incluidos uns cantos Gaivotones (Larus marinus) inmaduros. Cada vez vense menos gaivotas nas praias, non as deixamos que descansen tranquilas na area, e ler anelas é cada vez máis difícil.


O proxecto é de Julien Gernigon, que anela na Reserva Natural de Lilleau des Niges, no oeste francés.
Penso que é un segundo verano, nacida no 2.014. A ver qué nos conta Julien...

Gaivota escura, (Larus fuscus), branca R:X3U


Un saúdo





jueves, 19 de mayo de 2016

Esperanza...

 Ao mediodía Xan R.Silvar daba a boanova: un par de poliños naceran nun dos dous niños que temos na praia. Pola tarde xa nacera o terceiro.
Nuns días agardamos que nazcan os do niño do río.
A ver se con sorte e colaboración cidadá acadamos que voen.
Lembro que este ano en Frouxeira só hai unha parella e que vai ser moi pobre en Ferrolterra para esta especie, protexida por lei e vulnerable en Galicia.
Poño foto antigua da nai , a nosa Campiona, que xa o ano pasado sacou adiante outros tres que chegaron a voar.
Deixovos os enlaces do facebook da SGHN Ferrol e Rafael Loureiro que recollen a nova, fotos e recomendacións.
https://www.facebook.com/delegacionferrolsghn/?fref=nf
https://www.facebook.com/rafael.lopezloureiro?fref=ts
 Un saúdo

miércoles, 18 de mayo de 2016

Frouxeira - Río Magno

Onte achegueime á praia de A Frouxeira á procura das Píllaras das dunas, (Charadrius alexandrinus).
Agora mesmo só una parella está en plena posta de reposición. De momento dous ovos. Non hai máis, nin exemplares solteiros a "velas vir", así que semella que a productividade desta praia este ano vaise a limitar aos poliños que voen desta parella. Moi pobre resultado posible e máis tendo en conta o que significa este espacio.

O niño está nun sitio bastante discretiño, así que penso que a Xunta tomará a decisión de non balizalo, e máis despois do historial de vandalismo doutros anos contra os xaulóns.

Aforrarei dicir as moitas agresións ecolóxicas que sufre este espacio protexido, non quero nestos momentos alterarme, pero salín de alí cun cabreo moi importante.

Como tiña un pouquiño de tempo adiqueime a pasear pola beira do regato, xa na súa parte final, nas dunas, para tentar afotar ás miñas amigas as libeliñas. Agardaba máis especies e máis exemplares.

Donceliña vermella. Unha ducia de exemplares, todos machos.






Pyrrhosoma nymphula, os ollos e a banda amarela do torax dícennos que é inmaduro.
 Pyrrhosoma nymphula, macho adulto.


Un único exemplar de Libeliña peluda, neste caso unha femia que pillei ovopositando.



(Brachytron pratense) femia.

As Donceliñas do xénero Ischnura que temos pola zona non son doadas de identificar, sobre todo as femias, e máis sabendo que hibridan entre elas, como podemos ler no estudo dun dos nosos odanotólogos de prestixio, Adolfo Cordero .
Voaban unhas cantas.







































Ischnura sp. macho




Vín tamén un exemplar de Gaiteiriño, posiblemente Dríade,(Lestes dryas) e botei en falta algún exemplar de Calopterix.

Estes dous, que pensó que son Cerambicidos, pero non me atrevo con eles. ¿Algunha idea?


Este pode ser un exemplar dunha das orquídeas que temos por Ferrolterra. Quizáis un Satirión corpudo, (Dactylorhiza elata).


  O nome galego saqueino do blogue do Mestre Rafael Loureiro, que por certo, está organizando nestes días as primeiras Xornadas Botánicas de Cedeira  que dende aquí recomendo a todolos interesados en coñecer os tesouros florísticos que temos na bisbarra, algúns únicos e en serio perigo de extinción.
As intervencións do propio Rafael, a exposición do artista Calros R. Silvar, as disertacións de científicos e investigadores da talla de Juan Fernández Oubiña, Miguel Serrano, Roi Carballal, Álvaro Porto Dapena ou do escritor Antón Cortizas, fan que sexan todo un luxo que podemos distrutar en Ferrolterra.
Un saúdo






domingo, 15 de mayo de 2016

Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)

 Esta Libeliña é propia das augas estancadas da maior parte de Europa.
O séu nome ciéntifico fai alusión ás motas alares negras que ten nos nodos das ás.
Neste caso afotei dous femias, unha en Esmelle (primeira foto, 04-05-16), e a outra en Doniños, hoxe.
Agardo ver algún macho.




 
 Un saúdo



viernes, 6 de mayo de 2016

Gaiteiriño dríade (Lestes dryas)

Estes días empezan a verse. Aínda son inmaduros. O macho cedo acadará unha pruinosidade azul ao principio e ao final do abdome. Os ollos serán dun azul brilante precioso. A femia seguirá máis discretiña.
Esta especie adoita reproducirse en charcas estacionais que secan no verán, como é o caso das do Salgueiral de Esmelle.


A femia, 04-05-16



O macho, 03-05-16











Un saúdo

miércoles, 4 de mayo de 2016

Territorio Brachytron

A Libeliña peluda, (Brachytron pratense) é especial, única no seu xenero, abundante en Europa e moi localizada na Península ibérica (dados da Guía Dijkstra). Falando con Martiño Cabana entereime que en Galicia está citada nuns poucos enclaves costeiros.

 En Esmelle temos a sorte de contar con ela en, penso, unha boa cantidade.
Onte e, sobre todo hoxe, varias ducias delas voaban e apareábanse no borde do bosque inundable de Salix que temos detrás das dunas. Foi todo un espectáculo.
 Cópula


Detalle do"agarre" cos largos apéndices inferiores do macho. Vemos por qué chamámoslle "peluda".
Mañá outras...
Un saúdo

lunes, 25 de abril de 2016

Benvidas Donceliñas

Hoxe, despois  de levar o disgusto de atopar desfeito por algún IMBÉCIL un niño de Píllara en Esmelle, balizado, con xaulón, cartel da Xunta e todo, tiven que ir a dar un paseo polo lago de Doniños para acougar un pouco e botar fóra as malas ideas (ou non tan malas) que tiña para facerlle ao element@ autor da desfeita.

 Axiña as vín voando. Aínda son poucas. Nuns días serán centos, quizáis miles, que lle darán a esta pista, que percorre o lago pola beira sur, un encanto especial.
Donceliña vermella, (Pyrrhosoma nymphula) femia. Semella que é da forma typica, pero aínda inmadura. Se é así, as bandas amarelas do torax tornarán vermellas. Dentro das formas das femias destas especies hai moita variabilidade.








Donceliña de copa, (Enallagma cyathigerum) femia de forma azul.























Donceliña de copa, (Enallagma cyathigerum), macho





























Desta última especie vín unha cópula e un voo en tandem.
Tamén voaban outras Donceliñas, (Ischnura sp.), que non puiden identificar nin afotar.
Un saúdo