Onte, no regato e na trasduna de Esmelle, fun testigo das dúas cousas.
Esta Boyeria irene, Libeliña do luscofusco, axitaba as ás nun intento desesperado de estiralas. Moitas veces, no proceso da emerxencia, ocurren estos "fallos" e o insecto está condeado. As fotos son da mañá. A última hora da tardiña seguía na mesma pranta. Non percorrera as sombras do regato nin os arredores cando xa haxa pouca luz.
Para "compensar" engado escenas máis "fermosas". Ducias de parellas de Gaiteiriño dríade e algunhas de Libeliña peluda adicábanse a encher de vida e cor as charcas, xa case secas, e os ollos do espectador.
Un saúdo
2 comentarios:
Que fermosas fotos Paco. As citas de libeliñas en Galiza está a recollelas Martiño Cabana e Anxos Romeo a través de biodiversidade.eu. Anímote a que as subas. Unha aperta crack! Damián
Graciñas Cosme,
xa estou no Grupo de Libeliñas e subo as observacións á páxina aínda que me faltan por subir algunhas do ano pasado. A ver se me movo un pouquiño porque case todas son dos mesmos sitios.
Se non dís nada é que polo menos non fixen catacrack coa identificación, que de primeiras dubidada.
Apertas
Paco
Publicar un comentario