lunes, 27 de junio de 2016

Os erros páganse...e moi caros.

A Natureza ensínanos que sempre, sempre, hai que estar moi atentos. O perigo axexa.
Amósovos unha escea do pasado verán na beira do lago de Doniños. As Donceliñas de ollos vermellos (Erythromma viridilum) elixiron mal, moi mal.
¿Por qué non pensarían un pouco antes de pousarse? ¿Por qué non botaron unha ollada ao redor? ¿Qué foi o que lles atraxo tanto para pousarse alí e non uns centímetros máis alá? 
¿O foi a Vespa quen elexiu e amosóulles o sitio e elas morderon o anzol? 
¿Quizáis os defectiños da folla da esquerda metéronlles medo e a Vespa sabíalo?
Seguín a escea sen intervir. O macho librou. Agardo que polo menos aprendera.





A Vespa sei que é ben coñecida pero agradécese a súa identificación correcta.
Un saúdo

2 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Que boa escea! E que ben documentada! A vespa penso que é do xénero Dolichovespula, posiblemente D. media, pero que opinen os expertos. Apertas! Damián

Paco dijo...

Graciñas Cosme
Apertas
Paco