domingo, 3 de julio de 2016

Libélula de cu negro

Hoxe á tarde dín un paseo polas beiras do lago de Doniños. Co Nordestón non era doado que estiveran quetas. Puiden afotar esta femia de Orthetrum cancellatum. A ver se Cosme, Anxos, Xabi ou Martiño non me corrixen que é a primeira que vexo desta especie.
 Saúdos

2 comentarios:

Unknown dijo...

Buf, a min non me metas entre todos eses fenómenos Paco, que eu disto seiche tanto coma ti. Aínda que tamén me ten pinta de Orthetrum cancellatum..
Por certo, vexo que está feito un odonatólogo total. Vou ter que pasar o enlace a este blogue para a seccción de "Blogues de Natureza en xeral" (agora está na sección de ornitoloxía)...

Paco dijo...

Non movas nada Xabi. As Libeliñas etc. encántanme pero non podo negar que son o "sustitutos". Cando saes ao campo, ao carón da casa, porque case non me movo, e non ves un paxaro, pois che fixas noutras cousas. Onte, despois das Píllaras (niño novo), fun a procura da Escribenta das canaveiras en S. Xurxo-Doniños, máis ben a confirmar que non hai. E agardando atopas estes bichos que tamén voan e deíxanse afotar.
Nun mes agardo ás Gaivotas novas (se as deixan parar).
apertas
Paco