Xa van chegando. Onte á tarde non había moita xente na praia e estivo un grupiño un rato tranquilo.
Entre elas a primeira nacida e anelada de este ano que vexo.
Larus michahellis michahellis, laranxa, código azul,
7K0, do proxecto Murciano de Gonzalo González Barberá. A ver se o anelador cóntanos o historial. A cor do código díxomo
Antonio Gutiérrez porque eu veíalo negro.

Os polos da subespecie mediterránea son máis grandes e precoces cas nosas
L. m. lusitanicus, que aínda moitas non deixaron o niño.
Por máis que mirei non vín ao poliño de Píllara, pero por alí tiña que andar agochado porque o pai non paraba de chamalo.
No río, xa nas dunas, dúas femias de Candil curvado,
(Onychogomphus uncatus). É a primeira vez que as vexo neste tramo do río. Un pouquiño máis arriba sí son doados de ver.
Tamén outra femia de Lavacú de Fonscolombe
(Sympetrum fonscolombii).
E unha familia de Carriza dos xuncos
(Cisticola juncidis)
Un saúdo