domingo, 19 de junio de 2016

As Pontes - Forgoselo

A verdade é que fun a confirmar a cría de aves acuáticas. Pero a cousa non foi moi positiva e como ás libeliñas tamén voan...
Coma sempre, uso a lista de nomes galegos elaborada por Cosme Romay, Adolfo Cordero, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Darío X. Cabana e  Miguel A. Fernández . Non sei se hai lista cos nomes en castelán.

Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii)
Donceliña pequena (Coenagrion puella)




 Donceliña de copa (Enallagma cyathigerum)


 Emperador grande (Anax imperator), neste caso Emperadora



Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula) , acompañada de Donceliñas pequenas

 
Esta do Forgoselo tiña algo amarelo que non sei moi ben que é. Ademáis dun á rota.

Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum) , exemplar inmaduro



 Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)


A primeira impresión foi Gaiteiriño dríade (Lestes dryas) pero despóis de consultar aos que saben (Martiño Cabana), sei que por esta foto non se pode asegurar, así que o deixamos como Gaiteiriño do xénero Lestes inmaduro.

































Con ésta, aínda estou máis perdido, ¿algunha idea?

Un saúdo

2 comentarios:

Rafael dijo...

Boas Paco...boa colleita de imaxes. Os puntos marelos da nymphula...non poden ser pole? A min paréceme unha opción razoable. Mesmo apoñería que poideran ser de Iris pseudacorus, de flor ampla, azosa pra se pousar nela a repousar unha libeliña con dificultades pra voar e pra máis alguha poidera quedar ainda floreando. Teorías ao pasar. Unha aperta.

Paco dijo...

Sí que ten que ser pole, porque non semellan parásitos.
Saúdos
Paco