Un saúdo
lunes, 18 de julio de 2016
jueves, 14 de julio de 2016
Teño que deixalo xa !!!
O derradeiro pitillo do día amosoume unha chea de "bichos" nos que, a verdade, non me fixaba moito ata agora.
Alí, na entrada da casa, a unha vella e enferruxada lámpada, achéganse moitas bolboretas nocturnas e outros insectos.
Preséntovos unha delas. Como non teño guía non foi doado atopar o seu nome na rede.
A identificación confirmouna Jonatan Antúnez na páxina de Biodiversidade.eu onde vos animo a participar.
O malo é que o derradeiro son agora tres ou catro.
¡¡¡ Teño que deixalo xa !!!
Phragmatobia fuliginosa
Un saúdo
jueves, 7 de julio de 2016
Dúas xeracións xuntas
É o que ten o anelamento, que permítenos recoñecer os exemplares e aprender para a súa mellor protección.
Agora mesmo podemos ver en Esmelle dous poliños nacidos o ano pasado, que permaneceron alí desde que naceron con moi curtos desprazamentos ás praias limítrofes (Ponzos) en Xaneiro. Son os dous machos e non lograron emparellarse. Quizáis debido a que naceron moi tarde e esta primavera, cando se forman a maioría das parellas, aínda non adquiriran a plumaxe de adulto. Agardemos que o ano que vén reprodúzanse.
Tamén os deste ano, nacidos no medio da praia.
Tamén os deste ano, nacidos no medio da praia.
Os novos

Xunto eles, os anelados o ano pasado

Os catro fixeron grupo xunto cun macho reproductor.

Recórdovos que agora mesmo hai ademáis tres poliños recén nacidos no niño ao carón do río e outro máis con dous ovos.
E pode haber sorpresas!!!
Van ter que aturar moitas molestias nestas datas pero a ver se teñen sorte.
¡Malo será!!!
Un saúdo
domingo, 3 de julio de 2016
Libélula de cu negro
Hoxe á tarde dín un paseo polas beiras do lago de Doniños. Co Nordestón non era doado que estiveran quetas. Puiden afotar esta femia de Orthetrum cancellatum. A ver se Cosme, Anxos, Xabi ou Martiño non me corrixen que é a primeira que vexo desta especie.
Saúdos
Saúdos
lunes, 27 de junio de 2016
Os erros páganse...e moi caros.
A Natureza ensínanos que sempre, sempre, hai que estar moi atentos. O perigo axexa.
Amósovos unha escea do pasado verán na beira do lago de Doniños. As Donceliñas de ollos vermellos (Erythromma viridilum) elixiron mal, moi mal.
¿Por qué non pensarían un pouco antes de pousarse? ¿Por qué non botaron unha ollada ao redor? ¿Qué foi o que lles atraxo tanto para pousarse alí e non uns centímetros máis alá?
¿O foi a Vespa quen elexiu e amosóulles o sitio e elas morderon o anzol?
¿Quizáis os defectiños da folla da esquerda metéronlles medo e a Vespa sabíalo?
Seguín a escea sen intervir. O macho librou. Agardo que polo menos aprendera.

A Vespa sei que é ben coñecida pero agradécese a súa identificación correcta.Un saúdo
lunes, 20 de junio de 2016
Natureza dura
As veces atopámonos escenas duras na Natureza para a nosa ollada, que resístese a entender a realidade tal e como é, afeita como está a fixarse e recrearse máis nas escenas "bonitas e idílicas".
Onte, no regato e na trasduna de Esmelle, fun testigo das dúas cousas.
Esta Boyeria irene, Libeliña do luscofusco, axitaba as ás nun intento desesperado de estiralas. Moitas veces, no proceso da emerxencia, ocurren estos "fallos" e o insecto está condeado. As fotos son da mañá. A última hora da tardiña seguía na mesma pranta. Non percorrera as sombras do regato nin os arredores cando xa haxa pouca luz.
Para "compensar" engado escenas máis "fermosas". Ducias de parellas de Gaiteiriño dríade e algunhas de Libeliña peluda adicábanse a encher de vida e cor as charcas, xa case secas, e os ollos do espectador.

Un saúdodomingo, 19 de junio de 2016
As Pontes - Forgoselo
A verdade é que fun a confirmar a cría de aves acuáticas. Pero a cousa non foi moi positiva e como ás libeliñas tamén voan...
Coma sempre, uso a lista de nomes galegos elaborada por Cosme Romay, Adolfo Cordero, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Darío X. Cabana e Miguel A. Fernández . Non sei se hai lista cos nomes en castelán.
Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii)
Donceliña pequena (Coenagrion puella)
Donceliña de copa (Enallagma cyathigerum)

Emperador grande (Anax imperator), neste caso Emperadora
Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula) , acompañada de Donceliñas pequenas
Esta do Forgoselo tiña algo amarelo que non sei moi ben que é. Ademáis dun á rota.
Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum) , exemplar inmaduro
Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)

A primeira impresión foi Gaiteiriño dríade (Lestes dryas) pero despóis de consultar aos que saben (Martiño Cabana), sei que por esta foto non se pode asegurar, así que o deixamos como Gaiteiriño do xénero Lestes inmaduro.

Con ésta, aínda estou máis perdido, ¿algunha idea?

Un saúdo
Coma sempre, uso a lista de nomes galegos elaborada por Cosme Romay, Adolfo Cordero, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Darío X. Cabana e Miguel A. Fernández . Non sei se hai lista cos nomes en castelán.
Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii)
Donceliña pequena (Coenagrion puella)
Donceliña de copa (Enallagma cyathigerum)

Emperador grande (Anax imperator), neste caso Emperadora
Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula) , acompañada de Donceliñas pequenas
Esta do Forgoselo tiña algo amarelo que non sei moi ben que é. Ademáis dun á rota.
Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum) , exemplar inmaduro Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)

A primeira impresión foi Gaiteiriño dríade (Lestes dryas) pero despóis de consultar aos que saben (Martiño Cabana), sei que por esta foto non se pode asegurar, así que o deixamos como Gaiteiriño do xénero Lestes inmaduro.
Con ésta, aínda estou máis perdido, ¿algunha idea?

Un saúdo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)