jueves, 7 de julio de 2016

Dúas xeracións xuntas



É o que ten o anelamento, que permítenos recoñecer os exemplares e aprender para a súa mellor protección.
Agora mesmo podemos ver en Esmelle dous poliños nacidos o ano pasado, que permaneceron alí desde que naceron con moi curtos desprazamentos ás praias limítrofes (Ponzos) en Xaneiro. Son os dous machos e non lograron emparellarse. Quizáis debido a que naceron moi tarde e esta primavera, cando se forman a maioría das parellas, aínda non adquiriran a plumaxe de adulto. Agardemos que o ano que vén reprodúzanse.
Tamén os deste ano, nacidos no medio da praia.
Os novos








Xunto eles, os anelados o ano pasado

















Os catro fixeron grupo xunto cun macho reproductor.














Recórdovos que agora mesmo hai ademáis tres poliños recén nacidos no niño ao carón do río e outro máis con dous ovos.
E pode haber sorpresas!!!
Van ter que aturar moitas molestias nestas datas pero a ver se teñen sorte.
 ¡Malo será!!!
Un saúdo

domingo, 3 de julio de 2016

Libélula de cu negro

Hoxe á tarde dín un paseo polas beiras do lago de Doniños. Co Nordestón non era doado que estiveran quetas. Puiden afotar esta femia de Orthetrum cancellatum. A ver se Cosme, Anxos, Xabi ou Martiño non me corrixen que é a primeira que vexo desta especie.
 Saúdos

lunes, 27 de junio de 2016

Os erros páganse...e moi caros.

A Natureza ensínanos que sempre, sempre, hai que estar moi atentos. O perigo axexa.
Amósovos unha escea do pasado verán na beira do lago de Doniños. As Donceliñas de ollos vermellos (Erythromma viridilum) elixiron mal, moi mal.
¿Por qué non pensarían un pouco antes de pousarse? ¿Por qué non botaron unha ollada ao redor? ¿Qué foi o que lles atraxo tanto para pousarse alí e non uns centímetros máis alá? 
¿O foi a Vespa quen elexiu e amosóulles o sitio e elas morderon o anzol? 
¿Quizáis os defectiños da folla da esquerda metéronlles medo e a Vespa sabíalo?
Seguín a escea sen intervir. O macho librou. Agardo que polo menos aprendera.





A Vespa sei que é ben coñecida pero agradécese a súa identificación correcta.
Un saúdo

lunes, 20 de junio de 2016

Natureza dura

As veces atopámonos escenas duras na Natureza para a nosa ollada, que resístese a entender a realidade tal e como é, afeita como está a fixarse e recrearse máis nas escenas "bonitas e idílicas".
Onte, no regato e na trasduna de Esmelle, fun testigo das dúas cousas.
Esta Boyeria irene, Libeliña do luscofusco, axitaba as ás nun intento desesperado de estiralas. Moitas veces, no proceso da emerxencia, ocurren estos "fallos" e o insecto está condeado. As fotos son da mañá. A última hora da tardiña seguía na mesma pranta.  Non percorrera as sombras do regato nin os arredores cando xa haxa pouca luz.


 
Para "compensar" engado escenas máis "fermosas". Ducias de parellas de Gaiteiriño dríade e algunhas de Libeliña peluda adicábanse a encher de vida e cor as charcas, xa case secas, e os ollos do espectador.

 
Un saúdo










domingo, 19 de junio de 2016

As Pontes - Forgoselo

A verdade é que fun a confirmar a cría de aves acuáticas. Pero a cousa non foi moi positiva e como ás libeliñas tamén voan...
Coma sempre, uso a lista de nomes galegos elaborada por Cosme Romay, Adolfo Cordero, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Darío X. Cabana e  Miguel A. Fernández . Non sei se hai lista cos nomes en castelán.

Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii)
Donceliña pequena (Coenagrion puella)




 Donceliña de copa (Enallagma cyathigerum)


 Emperador grande (Anax imperator), neste caso Emperadora



Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula) , acompañada de Donceliñas pequenas

 
Esta do Forgoselo tiña algo amarelo que non sei moi ben que é. Ademáis dun á rota.

Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum) , exemplar inmaduro



 Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)


A primeira impresión foi Gaiteiriño dríade (Lestes dryas) pero despóis de consultar aos que saben (Martiño Cabana), sei que por esta foto non se pode asegurar, así que o deixamos como Gaiteiriño do xénero Lestes inmaduro.

































Con ésta, aínda estou máis perdido, ¿algunha idea?

Un saúdo

jueves, 9 de junio de 2016

Marcaxe e novo niño de Píllaras (Charadrius alexandrinus)

O pasado Martes día 7, achegáronse María Vidal e Jesús Domínguez dende Santiago para o anelamento científico dos poliños nacidos nos dous niños da praia de Esmelle.  
 Desgraciadamente,esta praia é este ano a única en Ferrolterra, e a máis norteña, na que se reproduce esta especie vulnerable, despois de que o único niño de A Frouxeira fora destruido, moi probablemente por un can. Agardemos que repoñan.
É moi triste ver esta praia, con catro figuras de protección,na que non eran raros
oito niños, baleira de Píllaras noviñas. 
Unha vez máis apelo ao civismo e a non ceibar as mascotas nos espacios naturais.

Tamén estiveron presentes os axentes da Xunta, Víctor Prieto e Anxo Bello, que este ano están a facer un seguimento e control intensivo impecable.


 Axudamos no balizamento, localización e captura, que non foi doada, Miguel Cal, Rafael L. Loureiro e máis eu.

Marcáronse, tomáronse dados biométricos e liberáronse con éxito catro poliños de aproximadamente 20 días de idade.
 A mala nova é a case confirmación da baixa de dous exemplares, un por niño, que hai moitos días ninguén ve.
 
María descubriu un novo niño recente con tres ovos que, por desgracia, está en moi mal sitio, en zona de paso e toalla. 
Foi sinalizado e protexido pero vai ter que soportar datas de afluencia masiva de xente. A ver se hai sorte...
 
Preséntovos aos protagonistas







Coma sempre pido que se alguén ve estes polos mande a información ao meu correo pacocanido@yahoo.es, e farei chegar a observación aos aneladores.

Dos polos marcados o ano pasado xa se están a obter dados interesantes. 
 
E como moitas veces criticamos aos empleados públicos, e con razón, penso que tamén é "de lei" felicitalos e recoñecerles cando fan as cousas ben ou van máis aló das obrigas do traballo. Neste caso, Anxo Bello, "perdeu" un día das súas vacacións, que está disfrutando, para axudar.
Graciñas Anxo.


Un saúdo

jueves, 26 de mayo de 2016

As que se quedan

Nestes días de Primavera avanzada, a maioría das gaivotas grandes que descansan nas praias son inmaduros ou adultos non reproductores. O groso da poboación está criando nas colonias das cidades, caso da Gaivota patiamarela (Larus michahellis), ou máis ao Norte dos Pirineos, no caso da Gaivota escura (Larus fuscus) e  Gaivotón ,(Larus marinus).

Son escasos e cativos os bandiños que se deixan ver polas praias de Ferrolterra dende hai uns anos e, cando o fan, é sempre por pouco tempo, ata que as molestamos e teñen que irse.

Onte, como chovía, aguantaron un bo rato tranquilas.
Aproveitei para ler tres:

Larus fuscus alemana, amarela código negro, H.E34, do proxecto de Sönke Martens.



Larus fuscus francesa, branca código negro, R:X8V, de Julien Gernigon.



Larus fuscus escocesa, branca código vermello, 7G1:C, de Iain Livingstone. O código semella negro, quizáis pola escasa luz e a acumulación de porquería ou desgaste. Foi Antonio Gutiérrez o que me aclarou o proxecto. Graciñas.

Un saúdo