jueves, 21 de abril de 2016

Sorpresa na duna

Pateando area na procura de niños de Píllara (xa os contarei), hoxe atopei a esta amiga nas dunas, mesmo no límite coa praia.
 Estaba falando por teléfono con Xan. Colguei e a afotei como puiden, fuxía moi rápido e empezou a chover e granizar.
 Calculeille uns 70 cm. Logo lín que ise sería o límite nas femias máis grandes. Dende logo, moito menos non era. A miña bota é un 44...

Se Xabi Prieto ou Martiño Cabana non dín o contrario, penso que é unha Cobra lagarteira común, Coronella austriaca, Culebra lisa europea; polos detalles que comento na foto. Vinlle o ventre e era liso, oscuro, o que tamén encaixa.
A posible confusión é coa Cobra lagarteira meridional, Coronella girondica, Culebra lisa meridional, que tamén está pola zona.
Como os meus coñecementos de herpetos son moi xustiños tiven que consultar...
Primeiro o blogue do meu herpetólogo de cabeceira, Xabi Prieto
Tamén este Pdf que recomendo e a páxina de Asturnatura onde podedes ver moita información sobre a especie.
Non hai moito asistín a unha conversa entre Xabi e Martiño onde dicían que pode haber variacións nos rasgos identificativos.
Por último dicir que non é perigosa, o pouco veleno que ten non o pode inocular. Aliméntase sobre todo de pequenas lagartixas e eslizóns. 
Se vedes unha, por favor, non lle fagades mal ningún.
Saúdos

.