Son escasos e cativos os bandiños que se deixan ver polas praias de Ferrolterra dende hai uns anos e, cando o fan, é sempre por pouco tempo, ata que as molestamos e teñen que irse.
Onte, como chovía, aguantaron un bo rato tranquilas.
Aproveitei para ler tres:

Larus fuscus alemana, amarela código negro, H.E34, do proxecto de Sönke Martens.

Larus fuscus francesa, branca código negro, R:X8V, de Julien Gernigon.

Larus fuscus escocesa, branca código vermello, 7G1:C, de Iain Livingstone. O código semella negro, quizáis pola escasa luz e a acumulación de porquería ou desgaste. Foi Antonio Gutiérrez o que me aclarou o proxecto. Graciñas.
Un saúdo