sábado, 9 de abril de 2016

Píllaras en Ferrolterra

 Levábamos máis dun mes facendo o seguimento. Onte Victor, axente da Xunta, avisou que unha parella empezara a poñer. Aínda só dous ovos. Como o ano pasado, en mal sitio. As mareas tan fortes destes días chegaron a escasamente un metro do niño.
Pola tarde o seus compañeiros Anxo e Miguel foron montar o xaulón e balizalo.


 Agora mesmo temos nesta praia tres parellas e dous ou tres machos "a velas vir"
Unha delas é a campiona que o ano pasado logrou que voaran tres polos. ¿Lembrades a femia?

 Tamén seguen por alí os dous anelados por María Vidal e Suso Domínguez.



























Anque aínda é cedo, semella que só hai parellas aquí e en Frouxeira. O grupo de traballo que montamos percorrimos as outras con resultados de momento negativos (Cedeira, Vilarrube, Pantín, Ponzos, Santa Comba e Doniños).
Sorte amigas, a ver se os cidadáns non vos amolan moito...
Saúdos