sábado, 9 de abril de 2016

Píllaras en Ferrolterra

 Levábamos máis dun mes facendo o seguimento. Onte Victor, axente da Xunta, avisou que unha parella empezara a poñer. Aínda só dous ovos. Como o ano pasado, en mal sitio. As mareas tan fortes destes días chegaron a escasamente un metro do niño.
Pola tarde o seus compañeiros Anxo e Miguel foron montar o xaulón e balizalo.


 Agora mesmo temos nesta praia tres parellas e dous ou tres machos "a velas vir"
Unha delas é a campiona que o ano pasado logrou que voaran tres polos. ¿Lembrades a femia?

 Tamén seguen por alí os dous anelados por María Vidal e Suso Domínguez.



























Anque aínda é cedo, semella que só hai parellas aquí e en Frouxeira. O grupo de traballo que montamos percorrimos as outras con resultados de momento negativos (Cedeira, Vilarrube, Pantín, Ponzos, Santa Comba e Doniños).
Sorte amigas, a ver se os cidadáns non vos amolan moito...
Saúdos

6 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Paréceme estupendo o traballo que estades facendo e que se iniciou grazas á vontade túa e de Xan. En contraste na Frouxeira as píllras están completamente expostas aos putos cnas e que eu saiba, non se fixo ningunha tarfea efectiva de protección. No lugar que teóricamente está máis "protexido" non vexo nada, ¿quizá porque están esperando a que sexamos os afeizoados os que coordenemos iso?
Qué pasa? A Administración espera que sexa todo a base de voluntarios logo de gastarse un pastizal en pagar o dichoso estudo de Conservación da Píllara e o máis famoso Plano de Conservación da Lagoa anunciados ambos a bombo e platillo? ONDE COJONES ESTÁ A PROTECCIÓN????Matalos era pouco.
Perdoa que me caliente Paco, pero paréceme gravísimo que teñamos que ser nós os que andemos facendo o traballo que debía organizar a Consellaría.

Paco dijo...

Ola Xabi,
Frouxeira está igual de "protexida" que as demáis praias.
Fumos o Xoves a Pantín e alí Miguel Cal e máis eu e non pudimos pasar a canle pola marea e o mar. Voltaremos nun par de días...

Os niños non se balizan todos, só os que se consideran que é positivo facelo. Este de Esmelle está na mesma zona do ano pasado, diante dun acceso (libre) das dunas. Se non se protexe se pisa. Os que están en sitios máis discretos valóranse( discutese) e, se tal, deixanse sen "dar o cante" como é o caso da Frouxeira ou algún de Esmelle.
O Luns ou Martes voltaremos por alí....

Tés toda a razón que isto é unha carallada. Sei, por que lo sei, que mandos intermedios da Xunta pelexan por ter medios e facer o que hai que facer e non poden...
Pódoche dicir, que as bridas para amarrar a malla as mercaron os vixiantes ¡do seu peto! Mañá Domingo quedei con ún Anxo, un axente, NO SEU DÍA LIBRE, para mellorar o cercado (¡¡¡Os funcionarios curran, manda carallo!!!).
Política Xabi, política...
Imos ter a festa en paz e a ver...
Se tres parellas en Esmelle e cinco en Frouxeira, tres delas con dúas roladas de tres convídoche a unha enchenta de Estrelas.
Apertas meu...
Paco

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

E, por certo, non te felicitei por esta primeira entrada en galego, se non estou errado. Parabéns!

Paco dijo...

Graciñas Xabi,
desgraciadamente o Galego o domino aínda peor que o castelán e cústame moito.Xa me gustaría ser galego falante pero teño que traducir simultáneamente con resultados penosos. Ser de Ferrol é o fque tén que para algunhas cousas o temos máis difícil.
Quizáis siga...

Por certo, o mar chegou ao niño e levou os ovos. Hoxe á mañá retiramos o que quedaba de tinglado.
Agardemos que elixan outro luar máis axeitado para a posta de reposición...
Apertas
Paco

jag dijo...

Parabéns Paco!! Magnífica iniciativa, a ver se teñen un pouco de sorte.
Fai extensivas as felicitacións a tódolos participantes.
Apertas,

Juan Gómez

Paco dijo...

Graciñas Juan,
xa sabes, cando vexas algún exemplar por alí avisa...
Paco