lunes, 25 de abril de 2016

Benvidas Donceliñas

Hoxe, despois  de levar o disgusto de atopar desfeito por algún IMBÉCIL un niño de Píllara en Esmelle, balizado, con xaulón, cartel da Xunta e todo, tiven que ir a dar un paseo polo lago de Doniños para acougar un pouco e botar fóra as malas ideas (ou non tan malas) que tiña para facerlle ao element@ autor da desfeita.

 Axiña as vín voando. Aínda son poucas. Nuns días serán centos, quizáis miles, que lle darán a esta pista, que percorre o lago pola beira sur, un encanto especial.
Donceliña vermella, (Pyrrhosoma nymphula) femia. Semella que é da forma typica, pero aínda inmadura. Se é así, as bandas amarelas do torax tornarán vermellas. Dentro das formas das femias destas especies hai moita variabilidade.








Donceliña de copa, (Enallagma cyathigerum) femia de forma azul.























Donceliña de copa, (Enallagma cyathigerum), macho





























Desta última especie vín unha cópula e un voo en tandem.
Tamén voaban outras Donceliñas, (Ischnura sp.), que non puiden identificar nin afotar.
Un saúdo

2 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Paciencia Paco. Mírao desta forma: temos o ceu ganado.
PD: Xa me tarda empezar coas libeliñas, pero pola mañá cedo (cando podo saír eu) aínda che fai frío de carallo para elas.

Paco dijo...

Case prefería gañar a Champions pero xa ves...
A ver se sae adiante un dos tres ovos...
Apertas
Paco