miércoles, 18 de mayo de 2016

Frouxeira - Río Magno

Onte achegueime á praia de A Frouxeira á procura das Píllaras das dunas, (Charadrius alexandrinus).
Agora mesmo só una parella está en plena posta de reposición. De momento dous ovos. Non hai máis, nin exemplares solteiros a "velas vir", así que semella que a productividade desta praia este ano vaise a limitar aos poliños que voen desta parella. Moi pobre resultado posible e máis tendo en conta o que significa este espacio.

O niño está nun sitio bastante discretiño, así que penso que a Xunta tomará a decisión de non balizalo, e máis despois do historial de vandalismo doutros anos contra os xaulóns.

Aforrarei dicir as moitas agresións ecolóxicas que sufre este espacio protexido, non quero nestos momentos alterarme, pero salín de alí cun cabreo moi importante.

Como tiña un pouquiño de tempo adiqueime a pasear pola beira do regato, xa na súa parte final, nas dunas, para tentar afotar ás miñas amigas as libeliñas. Agardaba máis especies e máis exemplares.

Donceliña vermella. Unha ducia de exemplares, todos machos.






Pyrrhosoma nymphula, os ollos e a banda amarela do torax dícennos que é inmaduro.
 Pyrrhosoma nymphula, macho adulto.


Un único exemplar de Libeliña peluda, neste caso unha femia que pillei ovopositando.



(Brachytron pratense) femia.

As Donceliñas do xénero Ischnura que temos pola zona non son doadas de identificar, sobre todo as femias, e máis sabendo que hibridan entre elas, como podemos ler no estudo dun dos nosos odanotólogos de prestixio, Adolfo Cordero .
Voaban unhas cantas.







































Ischnura sp. macho




Vín tamén un exemplar de Gaiteiriño, posiblemente Dríade,(Lestes dryas) e botei en falta algún exemplar de Calopterix.

Estes dous, que pensó que son Cerambicidos, pero non me atrevo con eles. ¿Algunha idea?


Este pode ser un exemplar dunha das orquídeas que temos por Ferrolterra. Quizáis un Satirión corpudo, (Dactylorhiza elata).


  O nome galego saqueino do blogue do Mestre Rafael Loureiro, que por certo, está organizando nestes días as primeiras Xornadas Botánicas de Cedeira  que dende aquí recomendo a todolos interesados en coñecer os tesouros florísticos que temos na bisbarra, algúns únicos e en serio perigo de extinción.
As intervencións do propio Rafael, a exposición do artista Calros R. Silvar, as disertacións de científicos e investigadores da talla de Juan Fernández Oubiña, Miguel Serrano, Roi Carballal, Álvaro Porto Dapena ou do escritor Antón Cortizas, fan que sexan todo un luxo que podemos distrutar en Ferrolterra.
Un saúdo






No hay comentarios: