miércoles, 20 de julio de 2016

Nova poboación de Sympetrum meridionale

¡¡¡ Esmelle non podía ser menos ca parroquia veciña !!!
Se o ano pasado identificamos coa axuda de Anxos Romeo e Martiño Cabana unha nova poboación, das poucas citadas en Galicia, en Doniños,
http://siemprevuelvoaesmelle.blogspot.com.es/2015/09/sympetrum-meridionale.html
e
http://siemprevuelvoaesmelle.blogspot.com.es/2015/09/sympetrum-meridionale-ii.html

o pasado día doce, 4,5 Km ao N, eran dous os exemplares inmaduros que estaban entre o bosquete de Salix atrocinerea inundable e as dunas.

 Macho e femia. As citas xa foron validadas. Graciñas de novo Anxos.
http://biodiversidade.eu/avistamento/f1eh9qcnolir/
http://biodiversidade.eu/avistamento/rrt5v0nakkja/

As fotos foron complicadas pois non puiden achegarme pola vexetación e tiven que tirar moito de zoom.
Así todo, vense bastante ben os caracteres identificativos como o torax, a cor maioritariamente amarela das patas, o negro da "fronte" tapado parcialmente polo vertex e botándolle imaxinación (bastante) a forma da xenitalia secundaria do macho.

O macho



 A femia

 Agardo velos cedo xa adultos e atopar onde ovopositan.

Unha razón máis para protexer mellor esta zona tan machacada, a pesares de albergar dúas especies vulnerables con plan de protección da Xunta, como a Escribenta das canaveiras  (Emberiza schoeniclus sub. lusitanicus) e a Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Tamén, poboacións interesantes doutras dous libeliñas, Aeshna affinis e Brachytron pratense.

Un saúdo

2 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dijo...

Estiven fóra pero douche a noraboa paco. Non creo que cheguen a Valdoviño (cambia algo o clima fóra do Golfo Ártabro) pero estarei atento a ver se sopa a flauta.
E alégrome de que deixes o tabaco. Fuma petas como a xente civilizada, home! Que és de Ferrol, hostia...
Un abrazo.

Paco dijo...

Pois eu penso que no Magno, nas dunas, ten que haber. O hábitat é moi parecido á parte final do regato de Esmelle. Coas libeliñas (e outros bichos) o que falta é esforzo e xente que se adique a elas. A pouco que se busquen atópanse.

"Petas e bolboretas" non é mal nome para outro blogue. ¡O que pode sair !

Sigo sen poder achegarme a Frouxeira. Se vas bota un ollo aos poliños de Píllara que están sen controlar dende que naceron (6 de dous niños).
apertas
Paco