Entre elas a primeira nacida e anelada de este ano que vexo.
Larus michahellis michahellis, laranxa, código azul, 7K0, do proxecto Murciano de Gonzalo González Barberá. A ver se o anelador cóntanos o historial. A cor do código díxomo Antonio Gutiérrez porque eu veíalo negro.
Por máis que mirei non vín ao poliño de Píllara, pero por alí tiña que andar agochado porque o pai non paraba de chamalo.
No río, xa nas dunas, dúas femias de Candil curvado, (Onychogomphus uncatus). É a primeira vez que as vexo neste tramo do río. Un pouquiño máis arriba sí son doados de ver.
Tamén outra femia de Lavacú de Fonscolombe (Sympetrum fonscolombii).
E unha familia de Carriza dos xuncos (Cisticola juncidis)
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario